Este ano, do mesmo xeito que os anteriores, o dobre grao en Matemáticas e Física será, posiblemente, a carreira coa nota de corte máis alta en España. En 2017 aparecía a primeira na listaxe de maiores notas de corte (requiríase un 13,667, sobre 14, para cursala na Universidade Complutense ( UCM)). En distintas universidades, este dobre grao ocupa sete dos dez primeiros postos (tamén aparece Enxeñería Informática e Matemáticas na UCM). Sen dúbida, o grao en Matemáticas e as súas diversas combinacións experimentaron un incremento de demanda nos últimos anos. Parece que, tras anos sendo unha materia deostada, os mozos agora si queren estudar matemáticas. A que se debe esta tendencia?
O mercado de traballo ten algo que dicir: Matemáticas é hoxe una das carreiras con menos paro, como constatan multitude de estudos e artigos de prensa. Os matemáticos teñen a capacidade de resolver problemas (aínda que non estean relacionados directamente co seu ámbito de traballo) e esta calidade é precisamente una das máis valoradas no ámbito laboral...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario