SLIDER

sábado, 28 de julio de 2018

Por que se engurran os dedos na auga?


Popularmente pénsase que a auga se penetra na pel abrandándoa de tal modo que fai que se formen engurras na súa superficie, algo que tamén ocorre nos dedos dos pés.

Pero esta explicación non é do todo certa. O que sucede é que durante un prolongado contacto coa auga, os  glóbulos do sangue situados debaixo da pel encóllense en resposta a un impulso procedente do sistema nervioso autónomo. Por iso, contrariamente ao que nos poida parecer, as xemas dos dedos non se inchan senón que se contraen, provocando así as engurras.

Un equipo de científicos da Universidade de Newcastle, situada no norte de Inglaterra, quixo profundar máis nesta cuestión e atoparon unha solución que, segundo eles, explicaría moito mellor as verdadeiras causas que subxacen baixo este fenómeno. Ditas causas non serían outras que a dun mecanismo de adaptación do ser humano polo cal, ao estar en contacto durante un tempo prolongado coa auga, a pel dos nosos dedos engurraríase para permitirnos agarrar mellor os obxectos mollados

No hay comentarios:

Publicar un comentario