Os teléfonos celulares transportan 10 veces máis bacterias que a maioría dos inodoros. Varios estudos nos últimos anos confirman que é mais doado coller unha infección por usar o móbil que por ir ao váter. O máis importante foi realizado na Universidade de Arizona e o investigador principal, Charles Gerba, facía esta pregunta: “Cando foi a última vez que limpou o seu teléfono celular?”
Aínda que os inodoros tenden a limparse con frecuencia, debido a que as persoas asocian o baño con xermes, teléfonos celulares e outros obxectos comunmente manexados, como controis remotos ou o mando a distancia da televisión adoitar quedan fóra da rutina de limpeza.
Os teléfonos celulares recollen xermes todo o tempo, dixo Gerba. “Vexo á xente falar por teléfono nos baños”. De feito, un recente estudo nos Estados Unidos revelou que o 75 por cento das persoas emprega o móbil mentres está no retrete.
Con todo, a cantidade de xermes nun teléfono non é o problema, senón compartir teléfonos entre persoas. Sen compartir, cada teléfono leva só un conxunto de xermes, e con isto baixa o risco de que enferme o seu dono. “O problema cos teléfonos é que estamos en contacto constante con eles, e pasan moito tempo moi preto das nosas caras e bocas”, explicou o investigador de Arizona.
Os nosos móbiles son, polo tanto, un reservorio de xermes. E mesmo poden ter consecuencias no eido hospitalario, como revelou un estudo publicado no 2014 no Journal of Clinical and Diagnostic Research. O traballo pretendía determinar se os riscos dos teléfonos en infeccións micosomiais eran ‘mito ou realidade’. E concluíron que se trata dunha ameaza real e que o persoal sanitario debe limitar o seu uso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario