Foto do 12 de Agosto de 2012 |
As Perseidas, popularmente coñecidas como as Bágoas de San Lorenzo, son unha chuvia de meteoros de actividade alta.
Non é a maior chuvia de meteoros, pero si a máis popular e observada no Hemisferio Norte debido a que transcorre en agosto, mes de bo tempo e vacacional por excelencia.
O seu período de actividade é longo e esténdese entre o 16 de xullo e o 24 de agosto. O seu máximo é o 11 de agosto o que o converte na terceira maior chuvia do ano.
Son meteoros de velocidade alta (59 km/s) que radian da constelación de Perseo ou Perseus.
As Perseidas son tamén coñecidas co nome de bágoas de San Lorenzo, porque o 10 de agosto é o día deste santo. Na Idade Medieval e o Renacemento as Perseidas tiñan lugar a noite en que se lle recordaba, de tal maneira que se asociaron coas bágoas que verteu San Lorenzo ao ser queimado na cacharela.
O rexistro máis antigo que se ten da actividade das Perseidas é do ano 36 d. C.
No hay comentarios:
Publicar un comentario