Páxina 23. (Actividade 1). Que é o ADN?. Cal é a súa función?.
É un ácido nucleico que contén as instrucións xenéticas utilizadas no desenvolvemento e o funcionamento de todos os organismos vivos coñecidos e algúns virus.
A función principal das moléculas de ADN é o almacenamento a longo prazo da información xenética do individuo, permitíndolle desenrolarse e formar as proteinas necesarias para o mantemento da vida.
Páxina 23. (Actividade 5). Define: CROMÁTIDA - CENTRÓMERO - CARIOTIPO - CROMOSOMA HOMOLÓGO - XENONA.
CENTRÓMERO: É a zona pola que o cromosoma interacciona coas fibras do fuso acromático dende profase ata anafase, tanto en mitose coma en meiose, e é responsable de realizar e regular os movementos cromosómicos que teñen lugar durante estas fases .
CARIOTIPO: O cariotipo é o patrón cromosómico dunha especie expresado a través dun código, que describe as características dos seus cromosomas.
CROMOSOMA HOMOLOGO: Un cromosoma homólogo é cada cromosoma dun par que existen dentro do organismo eucariótico diploide, e que realizan un entrecruzamento cromosómico entre si durante a meiose.
XENOMA: O xenoma é a totalidade da información xenética que posúe un organismo en particular e que codifica para el.
Páxina 25. (Actividade 1). Que é o ciclo celular?. En que periodos se divide?.
A célula pode encontrarse en dous estados claramente diferenciados:
É o período comprendido entre divisións celulares. É a fase máis longa do ciclo celular, trascurre entre dúas mitoses e comprende tres etapas:
(2) - Fase M (mitose e citocinese)
É a división celular na que unha célula proxenitora se divide en dúas células fillas idénticas. Esta fase inclúe a mitose, á súa vez dividida en: profase, metafase, anafase, telofase; e a citocinese, que se inicia xa na telofase mitótica. Se o ciclo completo durase 24 h, a fase M duraría arredor de media hora (30 minutos).
- (1) - O estado de non división ou interfase. A célula realiza as súas funcións específicas e, se está destinada a avanzar á división celular, comeza por realizar a duplicación do seu ADN.
- (2) - O estado de división, chamado fase M.
(1) - Interfase
É o período comprendido entre divisións celulares. É a fase máis longa do ciclo celular, trascurre entre dúas mitoses e comprende tres etapas:
- Fase G1: É a primeira fase do ciclo celular, na que existe crecemento celular con síntese de proteínas e de ARN. É o período que trascurre entre o fin dunha mitose e o inicio da síntese de ADN. A célula duplica o seu tamaño e masa debido á continua síntese de todos os seus compoñentes, como resultado da expresión dos xenes que codifican as proteínas responsables do seu fenotipo particular.
- Fase S: É a segunda fase do ciclo, na que se produce a replicación ou síntese do ADN, como resultado cada cromosoma duplícase e queda formado por dúas cromátidasidénticas. Coa duplicación do ADN, o núcleo contén o dobre de proteínas nucleares e de ADN que ao principio.
- Fase G2: É a terceira fase de crecemento do ciclo celular na que continúa a síntese de proteínas e ARN. Ao final deste período obsérvase ao microscopio cambios na estrutura celular, que indican o principio da división celular. Remata cando a cromatina empeza a condensarse ao inicio da mitose.
(2) - Fase M (mitose e citocinese)
É a división celular na que unha célula proxenitora se divide en dúas células fillas idénticas. Esta fase inclúe a mitose, á súa vez dividida en: profase, metafase, anafase, telofase; e a citocinese, que se inicia xa na telofase mitótica. Se o ciclo completo durase 24 h, a fase M duraría arredor de media hora (30 minutos).
No hay comentarios:
Publicar un comentario