domingo, 19 de agosto de 2012
Os retretes de Bill Gates
Un retrete pode chegar a gastar 60 litros de auga de media ao día e na maioría das ocasións a cantidade usada é desproporcionada ao que se pretende mandar polo desaugadoiro. Se se multiplica o gasto por un ano a cifra escápase das mans, sobre todo nun mundo onde só unha parte da poboación pode dar renda solta ao capricho de tirar da cisterna cando lle vén en gana. Un luxo caro se a auga escasea cada vez máis.
O filántropo Bill Gates decidiu iniciar unha cruzada contra este dispendio, e cunha das súas fundacións, 'Impatient Optimists', púxose en marcha á busca dun WC máis sostible. Para iso, convocou o pasado martes á comunidade científica á primeira 'Feira da Reinvención do Retrete', en Seattle.
O obxectivo do tan inédito certame non era outro que o de fomentar o deseño dun inodoro que gastase o menos posible sen deixar de cumprir decentemente coa súa función. Tamén se valoraba que o retrete tivese funcións adicionais, sobre todo se estaban relacionadas coa reciclaxe. E os premiados recibiron suculentas cantidades para que os seus inventos non quedasen en 'auga de borraxes'.
O asunto é máis serio do que pode parecer, e así afirmouno Gates: "Aproximadamente 2.500 millóns de persoas no mundo non teñen acceso...ler máis.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario