SLIDER

jueves, 6 de junio de 2013

Atopan ao "Pai" de todos os PRIMATES


A diminuta criatura, de apenas 7 centímetros de altura e 20 gramos de peso, viviu no centro de China hai 55 millóns de anos.

Ademais de ser o primate máis antigo nunca visto ata agora, os restos fósiles deste animal botan luz sobre un episodio de crucial importancia para a evolución tanto dos humanos coma dos demais primates: a diverxencia entre a liñaxe que conduce aos antropoides (monos, simios e seres humanos) e o que derivou nos tarsios, pequenos primates nocturnos de grandes ollos e que viven nas árbores. 

O achado demostra, ademais, que os primeiros primates tamén eran activos durante o día, podían trepar ás árbores e se alimentaban principalmente de insectos.

Ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario