SLIDER

lunes, 3 de junio de 2013

O Grafeno: o material máis duro do Planeta

Faría falta poñer enriba un elefante balanceándose sobre un lapis para romper unha soa folla deste material posta sobre unha cunca de café.


O grafeno é un dos materiais máis finos, flexibles e con maior condutividade que existen.
Está chamado a revolucionar o futuro polas súas enormes aplicacións potenciais en diferentes campos, que van dende as telecomunicacións ou a fabricación de chips para ordenadores ultrarrápidos ata unha nova forma de elaborar fármacos contra o cancro ou un incrible ascensor espacial.

Agora, ademais, científicos da Universidade de Columbia confirmaron algo que xa sospeitaban, que se trata do material máis forte que existe, mesmo aínda que conteña defectos. Cóntano na revista Science.

No hay comentarios:

Publicar un comentario