O guepardo é o animal terrestre máis rápido do mundo. É capaz de alcanzar os 29 metros por segundo, moi por enriba dos cabalos (19 m/s), os galgos (18 m/s) e, por suposto, os seres humanos (o atleta Usain Bolt, récord mundial dos 100 e 200 metros lisos, chega a un máximo de 12,35 m/s).
É doado concluír que é a súa famosa carreira a que permite ao felino ser un cazador implacable, pero unha investigación do Royal Veterinary College de Londres publicada na revista Nature demostrou que esa non é a súa estratexia.
Xeralmente, nin sequera chega á súa máxima velocidade mentres persegue unha presa, pero si exhibe unha impresionante capacidade de aceleración, catro veces superior á do deportista xamaicano, e de cambiar de dirección nun instante. Non importa que a vítima fuxa desesperada a dereita e esquerda, o guepardo reaccionará cunha potencia descomunal.
O equipo, dirixido polo investigador Alan Wilson...ler máis
O equipo, dirixido polo investigador Alan Wilson...ler máis
No hay comentarios:
Publicar un comentario