SLIDER

jueves, 29 de mayo de 2014

Achan con vida unha criatura microscópica que se cría extinguida hai 4 millóns de anos


Un equipo de biólogos descubriu con vida en Nova Zelandia unha antiga e diminuta criatura mariña que se cría extinguida dende hai 4 millóns de anos. Coñecido como Protulophila, este novo «fósil vivente» forma unha rede de pequenos orificios nos tubos calcáreos duns vermes chamados serpúlidos.

Os investigadores crían que o Protulophila se extinguiu fai catro millóns anos despois dunha longa historia xeolóxica que se remonta 170 millóns anos no período Xurásico medio en Europa. Pero ao examinar os tubos de vermes almacenados nunha colección de invertebrados do NIWA decatáronse de que estaban equivocados. Eses tubos foron recollidos en 2008 preto de Picton, na Illa sur de Nova Zelandia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario