A revista «Cell», publicación científica de referencia no ámbito internacional, incluíu na súa lista a Óscar Fernández-Capetillo polas súas investigacións sobre células tumorais
Doutor en Bioquímica pola Universidade do País Vasco (UPV), o científico participou no desenvolvemento duns compostos con actividade antitumoral, licenciados o pasado ano pola compañía farmacéutica Merck.
Na actualidade, dende o seu laboratorio no CNIO, estuda os mecanismos polos cales as células protexen os seus xenomas durante a replicación (división) do ADN, e a relación que eses procesos teñen co cancro e o envellecemento. «Coñecer máis sobre a relación entre cancro e células nai, ou o desenvolvemento de novos inhibidores de reparación do ADN, son algúns outros retos que temos entre mans», explica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario