SLIDER

jueves, 29 de mayo de 2014

Un novo e espectacular cometa achégase á Terra dende os confíns do Sistema Solar

Un novo cometa, denominado C/2012 Panstarrs K1 descuberto o 17 de maio de 2012 polo telescopio de 1,8 m de diámetro Panstarrsdende o cume de Haleakala na Isla de Hawái, poderase considerar ao límite da visión humana e dende lugares moi escuros a mediados do mes de outubro. O cometa desenvolveu unha importante cola e actividade en xeral, dende o seu descubrimento cando apenas era un debilísimo obxecto de magnitude 19,7. Pódese contemplar cuns simples prismáticos a día de hoxe con magnitude visual 8 e na constelación da Osa Maior, polo que é visible dende todo o hemisferio norte. O día do descubrimento o cometa localizábase a 1.301.520.000 km, ou a 8,7 veces a distancia que nos separa do Sol.

Visibilidade
Xusto cando cruce a liña do ecuador celeste entre o 15 e o 16 de setembro, alcanzará unha magnitude visual de 6, polo que se poderá ver como unha tenue nebulosidade a simple vista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario