Introdúcese unha etiquetaxe obrigatoria sobre información nutricional para a maioría dos alimentos transformados.
Os elementos para declarar de forma obrigatoria son: o valor enerxético, as graxas, as graxas saturadas, os hidratos de carbono, os azucres, as proteínas e o sal; todos estes elementos deberán presentarse no mesmo campo visual.
Ademais, poderá repetirse no campo visual principal a información relativa ao valor enerxético só ou xunto coas cantidades de graxas, graxas saturadas, azucres e sal. A declaración haberá de realizarse obrigatoriamente "por 100 g ou por 100 ml" o que permite a comparación entre produtos, permitindo ademais a decoración "por porción" de forma adicional e con carácter voluntario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario