SLIDER

viernes, 4 de noviembre de 2016

Nobel de Química para os creadores das máquinas máis pequenas do mundo


O Premio Nobel de Química 2016 foi concedido este mércores en Estocolmo aos científicos Jean Pierre Sauvage, Sir J. Fraser Stoddart e a Bernard L. Feringa por «o deseño e a síntese das máquinas moleculares», «as máquinas máis pequenas do mundo» como as definiu o Secretario Xeral da Academia de Ciencias Sueca, Goran K. Hansson, ao anunciar aos galardoados. Trátase de moléculas con movementos controlables, que poden realizar unha tarefa cando se engade enerxía.


Jean Pierre Sauvage naceu en París (Francia) en 1944 e é profesor emérito da Universidade de Estrasburgo; Sir J. Fraser Stoddart, nacido en Edimburgo (Reino Unido) en 1942 é profesor na Universidade Northwestern en Illinois (Estados Unidos) e o neerlandés Bernard L. Feringa (Barger-Compascum, 1951) é profesor de Química Orgánica na Universidade de Groningen (Países Baixos).


No hay comentarios:

Publicar un comentario