A Dieta Mediterránea é unha valiosa herdanza cultural que representa moito máis que unha simple pauta nutricional, rica e saudable. É un estilo de vida equilibrado que recolle receitas, formas de cociñar, celebracións, costumes, produtos típicos e actividades humanas diversas.
Entre as moitas propiedades beneficiosas para a saúde deste patrón alimentario pódese destacar o tipo de graxa que o caracteriza (aceite de oliva, peixe e froitos secos), as proporcións nos nutrientes principais que gardan as súas receitas (cereais e vexetais como base dos pratos e carnes ou similares como "guarnición") e a riqueza en micronutrientes que contén, froito da utilización de verduras de tempada, herbas aromáticas e condimentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario