SLIDER

viernes, 19 de enero de 2018

Arterias de vidro para estudar as doenzas coronarias

A investigación realizada por Aymerich aposta pola utilización datecnoloxía láser para fabricar arterias artificiais sobre as que simular doenzas cardiovasculares e tumorais para o seu estudo nos laboratorios. O avance da investigación pode supoñer unha nova fonte de coñecemento sobre as particularidades deste tipo de doenzas tan comúns.

O dispositivo xa está validado biolóxicamente xa que as células crecen e permiten o paso dos fluídos. Agora estamos no momento de facer probas e ver como funciona”, sinala Aymerich, quen agarda que os ensaios que se vaian realizando permitan observar as diferenzas entre os diversos tipos de patoloxías que se producen nas arterias.

A capacidade de replicar a estrutura dos vasos sanguíneos reaispara realizar experimentos pode contribuír de maneira decisiva a comprender os factores que favorecen este tipo de enfermidades (principais causas de mortalidade no mundo) e facilitar tanto a prevención como o seu tratamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario