Os alumnos/as de 4º de ESO do itinerario de Ciencias levaron a cabo unha práctica de laboratorio, onde extraeron o seu ADN a partires de saliva.
Esta práctica está enmarcada dentro da materia de Bioloxía máis concretamente no estudo da Biotecnoloxía.
O máis curioso desta práctica e que algo que parece tan complexo como obter ADN dunha mostra biolóxica pódese facer con produtos cotiás como son o sal, alcol etílico e lavalouzas, así de sinxelo.
Os resultados foron moi satisfactorios, como podedes ver nas seguintes fotos preme na Imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario