SLIDER

lunes, 15 de enero de 2018

O cultivo do millo bt en España

O millo Bt é un tipo de millo transxénico que produce unha proteína de orixe bacteriano. A proteína Cry, producida naturalmente por Bacillus thuringiensis é tóxica para as larvas de insectos barrenadores do talo, que morren ao comer follas ou talos de millo Bt. 

En 2001, aparece o millo Bt "Evento 176" que é aprobado pola " Environmental Protection Agency, EPA" cando se comproba que cesa ou queda moi pouca expresión de Bt nas espigas, non sendo xa efectivo contra unha segunda xeración de insectos.

Na Unión Europea está autorizado o cultivo dun millo Bt, chamado MON810 da multinacional Monsanto. En España permítese o cultivo de millo transxénico desde 1998. 


Desde entón cultiváronse variedades do evento Bt 176 de Syngenta (retirado do mercado a partir de xaneiro de 2005), e un gran número de variedades de MON810 de Monsanto, que se seguen cultivando actualmente. 

En 2011, cultivouse en España unhas 97346,31 ha do millo Bt de Monsanto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario