O Gran Val do Rift é un complexo de fallas tectónicas que se estende por máis de 5.000 km, no sentido norte-sur, dende o norte de Siria ata o centro de Mozambique, o seu largo varía entre os 30 aos 100 km e a fondura duns poucos centos a moitos milleiros de metros.
Formouse pola separación no norte das placas tectónicas de Arabia e África, que comezou hai 35 000 000 de anos, e no sur seguiu hai 15 000 000 de anos coa separación das placas tectónicas africana e arábica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario