SLIDER

sábado, 7 de abril de 2018

Unha nova especie de planta que non fai a fotosíntesis é descuberta en Xapón


A existencia de plantas que non realizan a fotosíntesis xa é coñecida, pero agora acábase de descubrir unha nova especie, chamada Sciaphila sugimotoi, que foi atopada na illa subtropical xaponesa de Ishigaki. 

Algunhas plantas non necesitan facer a fotosíntesis pois se alimentan a través fungos ou mofo que parasitan, só se deixan ver na terra durante a floración e a frutificación e adoitan ser pequenas, de aí a dificultade de atopalas e clasificalas. 

O descubrimento desta nova especie de planta en Xapón é un feito moi raro, pois a flora desa rexión foi amplamente documentada, con excepción das mico- herotróficas (que non fan a fotosíntesis), segundo un comunicado da Universidade xaponesa de Kobe. 
O descubrimento, a cargo dun equipo da Universidade de Kobe dirixido polo profesor asociado Suetsugu Kinji, aparece este luns na na publicación especializada Phytotaxa. 

O achado realizouse en outubro do ano pasado preto do monte Omoto na illa de Ishigaki e tras a súa análise determinouse que era un parente da especie Sciaphila nana, aínda que se diferencia dela polo número de nós nas flores macho.

No hay comentarios:

Publicar un comentario