SLIDER

jueves, 19 de abril de 2018

Desenvolvido o primeiro fármaco co potencial de curar a diabetes tipo 1


O logro, detallado hoxe en Nature Communications, é dun equipo internacional de científicos encabezado por investigadores do Centro Andaluz de Bioloxía Molecular e Medicina Regenerativa ( Cabimer) de Sevilla. Levou varios anos identificar un receptor molecular adecuado que se poida activar cun fármaco; agora que o describiron, será posible deseñar varias moléculas sintéticas para dar co medicamento idóneo. 

A diabetes tipo 1 é unha condición autoinmune que adoita aparecer na infancia. Nos 21 millóns de pacientes que a sofren, os linfocitos destrúen as células beta do páncreas, encargadas de almacenar e secretar insulina, creando unha dependencia para sempre á inxección desta hormona. O novo fármaco fai dúas cousas...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario