SLIDER

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Unha nova Illa emerxe tras un terremoto en Pakistán



Unha illa duns 214 metros de lonxitude e 16 de altura emerxeu a uns 200 metros da costa do extremo sudoeste de Paquistán tras o terremoto que o martes sacudiu esa rexión do país.

Segundo Tufail Baloch, vicedirector administrativo de Gwadar -a cidade máis próxima-, a illa foi visitada este mércores por un centenar de persoas nunha primeira misión de exploración, á espera da chegada dun equipo de expertos de Islamabad.

O funcionario explicou que os paisanos din que unha illa semellante emerxeu tras un terremoto rexistrado na rexión en 1935. "Aquela illa desapareceu dez anos despois de súpeto e de xeito misterioso, polo que agora pode pasar igual," apuntou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario