SLIDER

domingo, 22 de septiembre de 2013

A Voyager I cruza a última fronteira do Sistema Solar


Fai apenas uns días e tras máis dun ano de intensos cálculos e debates, a NASA anunciaba por fin oficialmente que, por primeira vez na historia da exploración espacial, unha nave humana conseguira saír do Sistema Solar para internarse no escuro espazo interestelar. 

A nave era a Voyager 1 e a data do acontecemento o 25 de agosto de 2012. O histórico anuncio non se levou a cabo antes porque os expertos da axencia espacial norteamericana querían estar completamente seguros dos datos antes de dalos a coñecer. Cousa que fixeron nun artigo publicado na prestixiosa revista Science.

Desta forma, a fazaña da Voyager 1 pasaba a engrosar a lista de fitos da exploración humana, xunto á primeira circunnavegación da Terra levada a cabo por Magallanes, a primeira aproximación a un planeta, lograda cando a Mariner 2 se achegou a Venus en 1962, ou o primeiro paso dado por Armstrong na Lúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario