SLIDER

domingo, 29 de septiembre de 2013

A ra máis adherente do mundo


Unha pequena ra de Borneo, a Staurois guttatus, é capaz de trepar sen problemas pola perigosa, húmida e escorregadiza parede dunha fervenza, cunha capacidade de adherencia que para si quixese o propio Spiderman. Científicos do Centro de Enxeñaría Celular da Universidade de Glasgow descubriron como este animal desafía as leis da gravidade. A diminuta ra, apenas mide de 30 a 50 mm, utiliza os dedos dos pés, o ventre e as ancas para practicamente «pegarse a superficies molladas», rugosas, e empinadas. Mesmo pode manterse case cabeza abaixo. A investigación pode consultarse libremente na revista PLoS ONE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario