SLIDER

lunes, 23 de septiembre de 2013

A Foxa das Marianas

A foxa das Marianas é a máis profunda foxa oceánica coñecida e o lugar máis profundo da codia terrestre. Ten a súa orixe nun proceso de subducción. Localízase no fondo do Pacífico noroccidental, o sueste das illas Marianas, preto de Guam.

A foxa ten unha lonxitude de 2.550 km e unha anchura media de 70 quilómetros. A presión no fondo da foxa é de 108.600 kPa (unhas 1072 atm). Paralela á foxa corre un cinto de illas que dá orixe ao arquipélago de illas Marianas, moitas desas illas son de orixe volcánica. 

O seu punto máis profundo é chamado abismo Challenger con 11.034 m de profundidade e unha presión de 110.000 kPa.

O cineasta estadounidense James Cameron completou con éxito a súa expedición á foxa das Marianas en Marzo de 2012, o punto máis profundo do océano, e converteuse na primeira persoa que descendeu en solitario a ese lugar.

No seguinte vídeo podedes ver como se logrou este feito histórico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario