A produción sostible de gasolina está cada vez máis preto. Un equipo de científicos coreanos conseguiu, con técnicas de bioloxía sintética, fabricar por primeira vez gasolina sen necesidade de recorrer ao petróleo nin a ningún combustible fósil.
En lugar de petróleo utilizaron a unha das bacterias máis estudadas polo ser humano, a «Escherichia coli» (E. coli). Vive no interior do intestino, entre as feces humanas, e é responsable de moitos dos episodios de diarrea que padecemos. Pero tamén se pode manipular e conseguir que traballe no noso favor.
Trátase dun achado revolucionario que podería acabar coa dependencia do ouro negro.
Trátase dun achado revolucionario que podería acabar coa dependencia do ouro negro.
Hoxe a mellor alternativa é o biodiésel procedente de aceites vexetais ou graxas animais, non obstante non poden utilizarse nos motores modernos.
A gasolina bacteriana si sería totalmente compatible sen ter que modificar o motor para o seu uso. De momento, a súa capacidade de fabricación é mínima, aínda que o grupo coreano logrou producir 580 miligramos de gasolina por litro cultivado.
O obxectivo a longo prazo é mellorar a produción e abaratar o custo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario