O CERN, o laboratorio situado nos arredores de Xenebra dedicado a investigar a física de partículas, onde traballan algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo para resolver cuestións fundamentais sobre o Universo, abriu as súas portas a Street View, o servizo de Google Maps que permite ver panorámicas de distintas partes do mundo.
A partir de agora, calquera, dende calquera lugar, pode visitar os seus laboratorios, os centros de control e os túneles subterráneos que albergan multitude de incribles experimentos.
As incribles imaxes de Street View van permitir, ademais, que os científicos que colaboran nos proxectos do CERN poidan ver o equipo que se está a utilizar, aínda que estean a traballar na outra punta do mundo.

PICA NA FOTO PARA "FACER UNHA VISITA"
No hay comentarios:
Publicar un comentario