Identificáronse trescentas especies de trevos, os cales teñen o dobre de cromosomas que os seres humanos. De todas estas especies, síntoo por San Patricio, a que ten fama de dar boa sorte é a que ten catro follas.
Parece ser que a súa fama arrinca dunha lenda popular que conta que cando Eva foi expulsada do Paraíso levou consigo un trevo de catro follas como acto pudoroso. Parece ser que a excentricidade botánica radica nunha mutación xenética, concretamente no xene PALM1, ao que poderiamos bautizar como o “xene da boa sorte”.
Os científicos descubriron que é a presenza de dúas versións deste xene o que determina o número de follas do trevo. A dominante inhibe a formación da cuarta folla e a outra –a recesiva- desencadea o crecemento. En definitiva, para poder atopar un trevo de catro foliolos é preciso herdar dúas versións do xene recesivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario