SLIDER

domingo, 23 de diciembre de 2018

Científicos de Vigo, nun achado que cambia a historia das flores na Terra


A plataforma para a comunicación da investigación eLife publicou An unexpected noncarpellate epigynous flower from the Jurassic of China (Unha flor inesperada do Xurásico en China), un artigo que dá conta do descubrimento en China de espécimes fósiles dunha flor denominada Nanjinganthus dendrostyla, que se remontan ao Xurásico temperán, hai máis de 174 millóns de anos, o que adiantaría a orixe das flores 50 millóns de anos antes do que se pensaba ata o de agora. O artículo de acceso aberto, froito dun traballo desenvolvido durante case tres anos, está coordinado polo investigador Xin Wang, da Chinese Academy of Sciences e asinado por outros 10 científicos, sete de centros de investigación asiáticos, un australiano, e polos investigadores do Grupo XM-3 Basan Group da Universidade de Vigo José Bienvenido Diez e Manuel García Ávila. Así mesmo, no traballo previo de datación palinoestratigráfica participou o doutorando Artai Antón Santos.

Ademais o descubrimento dun gran de pole de anxiosperma triásico (arredor de 240 millóns de anos) e a aparición de rexistros de insectos polinizadores desde o Triásico Superior redundarían na mesma liña”, apunta o investigador da Universidade de Vigo...máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario