A voracidade do insecto pillou co pé cambiado ás Administracións, que aínda non foron aínda quen de declarar a velutina como especie exótica invasora. Aínda que cada ano a cifra de niños localizados e exterminados é maior, con centos de persoas implicadas no trampeo e na retirada de avespeiros, non parece haber unha relación directa entre o éxito das capturas e o freo no avance da especie. Os propios coñecedores da situación, reunidos o mes pasado en Santiago, concluíron que a erradicación era “practicamente imposible”, ao tempo que reclamaban máis recursos e unha maior implicación da Xunta de Galicia para abordar o problema...máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario