SLIDER

jueves, 20 de diciembre de 2018

Científicos españois fan levitar varios obxectos á vez só con son


A levitación acústica de múltiples obxectos e de forma independente xa é posible grazas ás pinzas acústicas holográficas desenvoltas polo investigador Asier Marzo da Universidade Pública de Navarra e o profesor Bruce Drink da Universidade de Bristol (Reino Unido).

Os autores poden mover partículas de ata 25 milímetros mediante ondas ultrasónicas producidas por dous conxuntos de 256 emisores de son (de 1 cm de diámetro cada un), cos que logran manipulalas de forma individual, simultánea e en tres dimensións. Os detalles destas pinzas acústicas publícanos na revista PNAS.

«Os emisores emiten coa mesma amplitude e frecuencia pero con distinta fase», explica Marzo a Sinc, «e un algoritmo controla a fase de cada emisor para que se cre o campo acústico que permita capturar as partículas nas posicións desexadas».


Noutras palabras, o son é...máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario