O Observatorio Real de Greenwich en Reino Unido convoca cada ano este certame de fotografía astronómica.Os organizadores afirman verse asolagados -gratamente- con miles de imaxes excepcionais de entusiastas fotógrafos afeccionados e profesionais de todo o mundo (máis de 4.200 fotos provenientes de 91 países de todo o mundo). A exposición cos gañadores inaugurarase o 24 de outubro de 2018 en Londres, concretamente no Museo Marítimo Nacional.
As imaxes seleccionadas inclúen unha impresionante representación da Aurora Boreal que explota sobre a costa sur de Islandia, un tránsito solar da Estación Espacial Internacional, unha gloriosa Vía Láctea sobre unha tormenta, carreiros de estrelas sobre os extraordinarios altares sacros de Mongolia Interior e unha imaxe majestuosa do espazo profundo enmarcado polo Breið amerkurjökull, a lingua glacial que se estende desde o glaciar máis grande de Europa, Vatnajökull.
Preme na Imaxe para ver o resto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario