Un fotógrafo australiano chamado Paul Mock captou, por casualidade esta imaxe que xa se volveu viral na internet. Nela, vese a un grupo de sapos de cana (formado por uns dez exemplares), cabalgando a lombos dunha serpe pitón.
A escena produciuse durante unha inundación provocada pola rotura dunha pequena presa. O autor da imaxe conta que viu a decenas de sapos tratando de fuxir da auga. Pero parece que estes foron os que acharon o método máis enxeñoso para escapar.
Pero, por que non llos come a serpe? Os especialistas explican que os sapos de cana posúen unha substancia que resulta moi tóxica, o que podería causar a morte da pitón. E parece que esta serpe aprendeu a evitar tragarse a eses animais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario