SLIDER

lunes, 13 de febrero de 2012

Achan en Paquistán unha quenlla balea



Unha espectacular quenlla balea foi encontrada morta por pescadores locais en augas próximas á cidade portuaria de Karachi, en Paquistán.Os pescadores arrastraron o peixe xigante ata o porto, onde os veciños esperaban, impacientes, para velo. 

A quenlla balea, de sete toneladas de peso e doce metros de lonxitude, foi levantada fóra da auga con grúas e cordas nunha operación que tardou máis de catro horas.O peixe subastouse por uns 18.000 dólares. Agora, exhibirano durante tres días na sala de poxas da cidade.

As quenllas balea son os peixes máis grandes do mundo e poden crecer ata os vinte metros de lonxitude. Sábese moi pouco acerca destes animais apracibles que se alimentan de plancto e peixes pequenos.

Se queres ver o vídeo do levantamento da quenlla en porto, Pica Aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario