Circulación simple. É propia dos peixes. O corazón esta formado por dúas cámaras: unha aurícula e un ventrículo. A contracción do ventrículo fai que o sangue saia do corazón por unha arteria, cara ás branquias, onde se osixena. Dende as branquias, o sangue é distribuído, onde cede o osixeno, recolle dióxido de carbono e regresa polas veas ata o corazón. Deste xeito, o corazón só impulsa sangue sen osixenar e nunca sangue osixenado.
Circulación dobre. Dáse entre os vertebrados que respiran mediante pulmóns: anfibios, réptiles, aves e mamíferos. O sangue pasa dúas veces polo corazón, seguindo dous circuítos, que corresponden á circulación menor ou pulmonar e á circulación maior.
Circulación dobre incompleta. Dáse en animais, como os anfibios e a maioría dos réptiles, cuxo corazón esta formado por tres cavidades: dúas aurículas e un ventrículo. O sangue osixenado e o sangue sen osixenar mestúranse no ventrículo.
Circulación dobre completa. Acontece nas aves, mamíferos e algúns réptiles, como os crocodilos. Neste caso, o corazón esta dividido en catro cavidades, dúas aurículas e dous ventrículos. Pola metade esquerda do corazón circula sangue osixenado, mentres que pola metade dereita circula sangue sen osixenar; e, dado que non existe comunicación entre as dúas zonas, ambos os dous tipos de sangue NON se mesturan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario