miércoles, 1 de febrero de 2012
Paso do Asteroide Eros
A rocha espacial Eros, de 34 quilómetros de lonxitude, realizará a súa máxima aproximación, hoxe Mércores, ao noso planeta dende 1975 e será doadamente visible no ceo nocturno.Non é ningún descoñecido. Chámase Eros e é un xigantón, o segundo asteroide próximo á Terra en tamaño despois de Ganímedes.
Mide 34 Km de lonxitude e hoxe mércores achegarase á Terra como non o fixera dende 1975.
A pesar das súas desproporcionadas dimensións -máis de 300 campos de fútbol do tamaño do Bernabéu un detrás doutro-, non supón perigo ningún para o noso planeta. Situarase a 26,7 millóns de quilómetros, o que segue sendo unha distancia considerable, e atravesará o ceo nocturno a través das constelacións de Leo, Sextante e Hidra.
Será doadamente visible mesmo con telescopios modestos. Os afeccionados á astronomía...ler máis
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario