SLIDER

lunes, 13 de febrero de 2012

A "Eva" Mitocondrial...a AVOA da Humanidade



Eva mitocondrial tería sido unha muller africana, que segundo a teoría xenetista, correspondería na evolución humana ao antecesor feminino que posuía as mitocondrias do cal descenden todas as mitocondrias da poboación humana actual.
Por iso, se seguimos a liña xenealóxica por vía materna de cada persoa na árbore xenealóxica de toda a humanidade, Eva mitocondrial correspondería a un único antepasado feminino da que diverxe toda a poboación actual de Homo sapiens (seres humanos).

Baseándose na técnica de Reloxo molecular, os investigadores cren que Eva viviu aproximadamente hai 150.000 anos ou como máximo 200.000 anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario