SERRA DO COUREL (LUGO) |
A secuenciación do ADN dos restos humanos máis antigos coñecidos ata agora en Galicia -achados a comezos do 2010 nunha cova da serra do Courel, Lugo (enlace)- está a dar os primeiros resultados, que indican que as poboacións galegas de finais do Paleolítico mostraban unha afinidade xenética coas doutras rexións de Europa.
O mesmo sucede cos fósiles doutros dous individuos de épocas prehistóricas moito máis recentes, descubertos hai anos nos depósitos de Cova Eirós(Triacastela) e Pa do Rebolal (Rubiá), que están a ser estudados dentro do mesmo proxecto.
O estudo áchase aínda nunha fase inicial e o que se puido secuenciar por agora son fragmentos do ADN mitocondrial, que se transmite unicamente por vía materna.
Segundo indican os investigadores do Instituto Universitario de Xeoloxía da Coruña, o fósil do Courel, de entre 8.000 e 9.000 anos de antigüidade, presenta unha combinación de xenes dunha variedade que ata agora non se localizara na Península, aínda que si estaba rexistrado en restos humanos prehistóricos de...ler máis
No hay comentarios:
Publicar un comentario