O cranio preservouse durante 9,2 millóns de anos despois de que o animal «se cocese ata a morte» nunha erupción.
Menos do 2% dos fósiles da Terra presérvanse en rocha volcánica, pero os investigadores identificaron un novo: o cranio dun rinoceronte morto nunha erupción volcánica hai 9,2 millóns de anos. O achado descríbese nun artigo publicado en PLoS ONE.
O fósil, achado en Turquía, pertence a un gran rinoceronte de dous cornos común na zona do Mediterráneo Oriental durante ese período. Segundo os investigadores, as características inusuais do cranio conservado suxiren que o animal foi «cociñado ata a morte» a temperaturas que poderían terse achegado aos 500 ° C, nun fluxo volcánico similar á da erupción do Monte Vesubio en Italia no ano 79.
A espantosa morte do rinoceronte foi case instantánea...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario