SLIDER

jueves, 1 de noviembre de 2012

O Big Bang

Para comprender mellor a Historia do noso Planeta, deberiamos retroceder ata o momento inicial de todo o noso Universo, o BIG BANG.

Na cosmoloxía física, o termo Big Bang ten tres significados relacionados. Refírese ós feitos observables da evolución do universo. Tamén é un modelo cosmolóxico no cal o universo estivo expandíndose dende hai 13,7 miles de Ma, a partir dun estado enormemente denso e quente. E por último úsase nun senso máis reducido para describir a explosión ocorrida no (ou cerca do) TEMPO CERO na historia do universo.

Para que vos fagades unha idea desta teoria, deixovos este vídeo onde a explican dun xeito conciso e claro.







No hay comentarios:

Publicar un comentario