SLIDER

miércoles, 13 de febrero de 2013

Achégase o día do asteroide


A rocha 2012 DA14, descuberta dende España, voará o venres a 27.000 km da Terra, unha aproximación de récord que a situará mesmo por debaixo dos satélites.

En realidade, pouco sabemos do visitante espacial. Polo seu brillo, os científicos estiman que ten un diámetro duns 50 metros e unha masa de 130.000 toneladas de composición descoñecida. Viaxa a unha velocidade de 7,8 km por segundo e é de tipo Apollo, o que quere dicir que ten o inquietante costume de cruzar periodicamente a nosa órbita. 

Curiosamente, só tarda un día máis que a Terra en dar a volta ao Sol (366,2 días). Os astrónomos seguirano con moita atención para desvelar con exactitude a súa verdadeira natureza (a súa masa, tamaño e período de rotación), especialmente por se pode supoñer un perigo nun futuro afastado, xa que a gravidade da Terra modificará a súa traxectoria.

Un asteroide do tamaño do 2012 DA14 aproxímasenos así de preto cada 40 anos e un deles impacta contra o planeta...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario