SLIDER

miércoles, 20 de febrero de 2013

Que é un burato negro?

Un burato negro é un obxecto cunha gravidade tan forte que nada pode escaparse del, nin sequera a luz. A masa do burato negro está concentrada nun punto de densidade case infinita, chamado singularidade. Na propia singularidade, a gravidade é dunha forza case infinita, polo que aniquila o espazo-tempo normal. A medida que aumenta a distancia dende a singularidade, a súa influencia gravitacional diminúe. 
A determinada distancia, que depende da masa da singularidade, a velocidade que se necesita para escapar do burato negro é igual á velocidade da luz. Esta distancia marca o "horizonte" do burato negro, que é como a súa superficie. 
Todo o que pasa polo horizonte é atrapado dentro do burato negro. Hai distintos tipos de buratos negros, dependendo da súa masa.




Se queredes saber máis sobre os buratos negros...PICA AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario