SLIDER

sábado, 2 de febrero de 2013

Como os bufos poden xirar a cabeza 270º sen danar a súa estrutura ósea


Descobren as adaptacións biolóxicas que permiten a estas aves rotar o colo de forma arrepiante sen facerse dano nin cortar a subministración de sangue ao cerebro.

O equipo utilizou técnicas de angiografía, tomografía computarizadae ilustracións médicas para examinar a anatomía dunha ducia de aves de ollos grandes, e encontrou variacións na estrutura ósea e a rede vascular dos bufos, segundo publican na revista Science.

«Os especialistas de imaxe cerebral que lidamos con lesións humanas causadas por un traumatismo nas arterias da cabeza ou o colo preguntámonos sempre por que estes rápidos e retorcidos movementos da cabeza non deixaron a miles de bufos mortos no chan dos bosques por accidente cerebrovascular», sinala o investigador principal do estudo, Philippe Gailloud. «As arterias carótida e vertebral no colo da maioría dos animais -incluídos os bufos e as persoas- son moi fráxiles e moi sensibles mesmo a pequenas esgazaduras do revestimento dos vasos», agrega o investigador. LER MÁIS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario