Non é a primeira vez que o Curiosity, o rover da NASA que aterrou en Marte o pasado agosto, fotografa un obxecto brillante do máis desconcertante, pero esta imaxe é quizais a que máis pode facernos voar a imaxinación.
A instantánea, tomada pola cámara do mastro do rover (Mastcam) durante o pasado 30 de xaneiro, mostra un curioso obxecto de aspecto metálico que parece o manubrio dunha porta, o ornamento dunha capela ou algún traste cromado.
Despois de que a foto dese mil voltas en internet suscitando as máis absurdas historias, a NASA decidiuse a aclarar de que se trata en realidade. E trátase, simplemente, dunha rocha de aspecto inusual que foi erosionada polo vento e os elementos naturais, segundo... ler mais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario