O Cerebro en Cifras
Probablemente a máis complexa, ordenada e fascinante estrutura de materia coñecida no universo.
- En só 1.400 gramos de materia albergamos entre 10.000 millóns e 100.000 millóns de neuronas (tantas como o número de estrelas da nosa galaxia). Cada neurona establece entre 5.000 e 50.000 conexións coas súas células veciñas. O cal equivale a construír unha rede neuronal intercomunicada por 100.000.000.000.000 conexións.
- A codia cerebral estendida, cubriría entre 1.800 e 2.300 centímetros cadrados.
- Tres cuartas partes do cerebro son auga.
- Unha mensaxe enviada polo cerebro a calquera parte do noso organismo pode alcanzar unha velocidade de 360 quilómetros por hora. É dicir, que un impulso nervioso tarda 2 décimas de segundo en chegar da cabeza aos pés.
- O cerebro contén 30 gramos de colesterol.
- O récord de peso osténtao o cerebro dun cadáver extraido en 1992 polo doutor Mabdybur, patólogo da Universidade de Cincinnati: 2,3 quilogramos. O récord de lixeireza nun cerebro normal e san foi o deDaniel Lyon: 680 gramos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario