A sonda Voyager 1, lanzada ao espazo pola NASA hai 35 anos, por fin parece ter atravesado a fronteira do Sistema Solar e desprázase por unha rexión descoñecida que leva ao espazo interestelar, segundo un novo estudo dado a coñecer pola Unión Americana de Xeofísica e que se publicará na revista Geophysical Research Letters.
Desta forma, a nave tería abandonado a heliosfera, a burbulla de partículas cargadas que emite o Sol en todas direccións e envolve o noso sistema planetario para internarse nun terreo novo ao que nunca antes chegara un artefacto humano.
O 25 de agosto de 2012, a Voyager 1 rexistrou cambios drásticos nos niveis de radiación a uns 18.000 millóns de quilómetros do Sol. Os raios cósmicos atrapados na heliosfera exterior...ler máis.
O 25 de agosto de 2012, a Voyager 1 rexistrou cambios drásticos nos niveis de radiación a uns 18.000 millóns de quilómetros do Sol. Os raios cósmicos atrapados na heliosfera exterior...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario