SLIDER

miércoles, 13 de marzo de 2013

Marte puido albergar vida no pasado

Os científicos identificaron xofre, nitróxeno, hidróxeno, osíxeno, fósforo e carbono, algúns dos ingredientes químicos esenciais para a vida.

Unha rocha marciana analizada polo robot americano Curiosity puxo de manifesto que as condicións no planeta vermello algunha vez foron «favorables para a vida», segundo aseguraron este martes os científicos da NASA este martes.

Os científicos identificaron xofre, nitróxeno, hidróxeno, osíxeno, fósforo e carbono, algúns dos ingredientes químicos esenciais para a vida.

«Unha pregunta fundamental que a misión Curiosity tiña que responder era se Marte puido ser propicio para a vida, baseándonos no que sabemos agora, a resposta é si», explicou nunha rolda de prensa Michael Meyer, científico principal da misión Curiosity.

LER MÁIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario