SLIDER

miércoles, 20 de marzo de 2013

Obsolescencia programada

Denomínase obsolescencia programada ou obsolescencia planificada á determinación, a planificación ou programación do fin da vida útil dun produto ou servizo de modo que -tras un período de tempo calculado de antemán polo fabricante ou pola empresa de servizos durante a fase de deseño do devandito produto ou servizo- este se torne obsoleto, non funcional, inútil ou inservible.

Considérase que a orixe se remonta a 1932, cando Bernard Londonpropoñía rematar coa gran depresión a través da obsolescencia planificada e obrigada por lei (aínda que nunca se levase a cabo). Non obstante, o termo foi popularizado por primeira vez en 1954 porBrooks Stevens, deseñador industrial estadounidense. Stevens tiña previsto dar unha charla nunha conferencia de publicidade en Minneapolis en 1954. Sen pensalo moito, utilizou o termo como título para a súa charla.



Por que as cousas duran tan Pouco?...DOCUMENTAL


No hay comentarios:

Publicar un comentario