SLIDER

jueves, 7 de marzo de 2013

As fórmulas que cambiaron o mundo

O catedrático de Matemáticas na Universidade de Warwick Ian Stewart (Inglaterra, 1945) é o autor dun libro que sobre as 17 fórmulas que marcaron o rumbo da nosa historia. Tanto a nivel científico para a comprensión, descrición e predición do noso ámbito, coma para a creación e desenvolvemento de tecnoloxía como a televisión ou o GPS, entre tantos outros.

No número 1 atópase a fórmula do teorema de pitágoras:


A ecuación, que hai quen a remite á gravación dunha táboa de arxila de Babilonia, explícanos a relación dos tres lados dun triángulo rectángulo. A importancia da fórmula que sentou a base da trigonometría, radica en que logrou a unión da xeometría e a álxebra, permitindo calcular as distancias en termos de coordenadas.


Se queres coñecer a lista completa PICA AQUÍ.



No hay comentarios:

Publicar un comentario