SLIDER

martes, 16 de abril de 2013

Outro avance máis da enxeñaría xenética: Leite para alérxicos.

Unha vaca modificada xeneticamente produce leite hipoalerxénica.

O seu nome é Daisy, é unha vaca modificada xeneticamente e fíxose un oco na historia da ciencia ao dar leite hipoalerxénica.

Investigadores do Ag Research, un instituto de investigación dependente do Goberno de Nova Zelandia, anunciaron onte o desenvolvemento deste animal transxénico que recolle nas súas páxinas a revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS).

Os dous problemas máis frecuentes ligados ao consumo de leite son a intolerancia á lactosa (un tipo de azucre) e a alerxia a algunha das súas proteínas (que desenvolven entre o 2% e o 3% dos nenos menores dun ano). 
A esta segunda cuestión diríxese a tarefa desenvolvida polo equipo neozelandés. En concreto, os esforzos centráronse na beta-lactoglobulina (BLG), unha proteína con propiedades alerxénicas presente no soro do leite de vaca e que non se encontra no leite materno.
Os investigadores modificaron a estrutura xenética de Daisy. Introduciron dous microARN, unhas moléculas que, como explica o profesor de xenética da Universitat de València, Manuel Pérez-Alonso, teñen a facultade de inhibir a expresión dun xene, neste caso, do responsable da produción da proteína BLG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario